We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Amigas​/​Allahu Akbar

by Pedrido

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

1.
Amigas 03:19
Non teño mozas teño amigas Bico onde elas me digan, amor mendigan Que deus as bendiga, non hai criba Nos baños do Maicar ou nos da Triga Nos vemos piba, abaixo ou enriba Isto é vida, te miro se me miras, pidoche que me pidas O que me pidas o tés, café as 9, té ás 3 Caricias ás 9, sexo ás 10 Falasme pero hai un mes que non me vés Pero chamasme de noite pra que te alivie o stress E tés tres dedos na boca, outro na popa Pasame a recoller logo co teu renault copa Eu pago o motel, prefiro gastalo en ti que en petas Tal é meu nivel de atraccion por ti, cal planetas Teño mil estrelas pugnando pola miña traxectoria gravitatoria Capitulos novos da mesma historia Amame, minteme, sinteme, atame Deixame, odiame, calate, calame Follame, prendeme, apagame, pagame Pirate, falame, axudame, fodete Teño moito tempo que vivir e pouco que morrer Dame mais do teu elixir e o unico que quero beber Eu so quero estar contigo non te quero ter Non teño posesions e ti a primeira non vas ser Polas suas causas causo crateres Para describilas me faltan caracteres Non necesitamos masteres, sistoles, diastoles Desastres, conversas de Descartes e Aristoteles Eu de molotov ti de cocteles, temos proibida a entrada En contos de fadas que acaban comendo perdiz e nada Prefiro comerte o coño as tetas e a cara E que me pidas que te faga cousas raras Zurrame na cara que me gusta, ao natural sen fustas O cinceiro cheo de chustas Aparezo se me buscas, pon empeño Dentro da tua area me colo como Emilio Butragueño Ti non te ensañes con este feble corazón Acariciame o peito baixo a manta e non preciso sintron E podería tirar de flipes pra conquistarte Pero son un nomada, vivir sen romperme é un arte Xasmín teño sitio na alfombra, pra viaxar dende a lus ate a sombra Non te escondas, bondage Xogame a contra, conta as ondas ideas e odas que me rondan Na cabeza, ti reza por ti, ti reza Eu xa o fago pero pra gañarme a Allah preciso mais destreza Como cando o ex volta reformado e currando pra unha empresa E ela volta con el e outra volta empeza E sigo aqui, só ou libre, depende do punto de vista E mellor vivir así que en relacións que se enquistan Mellor así que relacións nas que te entrevistan Sudalla a persoa so queren follarse ao artista
2.
Allahu Akbar 05:28
Allahu Akbar La ilaha ilallah Ashad u anla ilaha ilallah Ashad u ana Muhammad abdu wa Rasulullah Hayya ala salah Hayya ala falah Son Amrallah viñen traer a mensaxe ámate a tí, ama aos demais, fai que os demais te amen que se reclamen a sí mesmos o que queran mentres deixen en paz aos demais seres da terra Aprende, así nunca serás pobre Entende, é imposible que o que penses se te roube sorrí sobre a todo a aquel que non se acorde do que é a felicidade así a felicidade será dobre Limpa teu corazón de pena e amargor eu sei o que fai a dor, ás veces é devastador pero do cemento máis duro sorxe unha flor que enche de cor a máis escura escea de terror Eu sei que tenta, vivir de rentas pero alimenta a teu irmán por se algún dia te alimenta ou o necesitas, non ofendas a mimgunha muller, pra min todas son nais Unha persoa sempre será igual a outra persoa que as lágrimas sexan de alegría e nunca a soas que o limite sexa voar por alto que poda soar que ser mellor que onte non se pode comprar non son exemplo idóneo por iso podo predicar quixen cambiar o mundo e me empecei a medicar e ás veces Allah fálame tralo sitar e venme visitar e dime que quere paz así que faime caso se cada día o ves gris se non atopas felicidade no teu pais vaite que non paga a pena vivir trala bandeira pode que fóra atopes a quen te queira deixa a mentira de lado e saca a máscara debes de ser tí quen rompa esa cascara esa é a mensaxe, paz e vive libre e que o amor dos demais sexa o noso combustible Gloria á túa misericordia Ilah que escoiten en Panxea o Adhan de Bilal e a mensaxe de Amrallah Al Aldababsí estiven só polo deserto e vagaba así cego cos ollos abertos, como nos concertos ti me guías e cada paso e perfecto te manteño perto por se algo me pasa que sexan orgullo e alimento o único que falta Disme cousas que non entendo ás veces ás veces es un susurro no ouvido, ás veces creces e te voltas un chíar son menos do que mereces pero máis do que merecen eles, non o negues Na miña pel de papel deixo que escribas neste Sahel os fillos de Ismael recitan de memoria todas as palabras que me dictas a fé non se quita, purifica a quen se sacrifica Te escoito antes de espertar, despois de durmir e sei que es Tí cando empezo a fluir e sei que es Tí cando empezo a fuxir e algo mo impide, la ilaha ilallah, empezo a ruxir.

credits

released February 11, 2019

license

tags

about

Pedrido Ponteareas, Spain

MC e produtor de Ponteareas e afincado en Ourense, pertenecente ao selo/colectivo Track Asedio.

contact / help

Contact Pedrido

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Pedrido, you may also like: