We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Vida

by Pedrido

/
  • Streaming + Download

    Purchasable with gift card

     

1.
Veña pon as mans no ar veña pon as mans no ar veña pon as mans no ar cando pille o micro o tipo máis fino do lugar Eu os mato con sixilo, chamame rei do estilo coidado con Pedrido, é un arma de dobre filo aniquilo a crios en clios que din que venden kilos apilo papiros escritos a pilot, escoitame en vinilo ou en CD, neno que te sucede? chamaches polo xenio e ningún desexo te concede MC ao cadrado igual a inigualable canto cobras canto vales, non fales mellor que cales miña rima ilumina e enamora como amencer morte ou vida ti dime quen vai vencer son un león de pedra que se afunde no rio unha gargola inmovible aguantando todo frio e sen un chavo na carteira van de putos gangsters e traballan na leira hey ya, mellor deixate de lerias e se queres o meu disco podes pillalo na feira Isto é flow, asi que vai collendo apuntes eu son un mutante por iso non me afecta o mute moitos queren fuxir da vida como el Lute van de puritanos e puro é o seu chute teño un amor en cada esquina, un amor a cada china maria miña es a miña mediciña, te quero encima o ciruxán cando rima entra na cociña nunca vexo o sol son mais branco ca tua fariña fillo puta move o corpo, agoreiro como un corvo ti no rap es un estorbo chorvo bordo todos os patrons se entro no bombo letras de dobres rombos, pode curarme doutor? esta dor que teño, por culpa meu enxeño se nota cando veño, infantis contra seniors futbolistas contra xenios, despois de dous decenios sei que inda que sexa o mellor non terei premio
2.
O Emperador 03:48
Aqui o mesías non sei se me reciben metede o cu en casa que nisto non tedes nivel nin ver, a rapeiros que se exhiben vou romperlles o imen so pra ver como ximen check o imán de Omán mago das mans Track Asedio, cabron, discipulos do Wu Tang no teu estereo, envoltos en nubes de misterio criado cos meus raps creados en cautiverio queren ser mcs, mais semellan chicles pegados no pupitre, agardando que os quites somos demasiado para eses selos de merda pillo o peta coa esquerda e o micro coa entreperna check checka, Pedrido saca a baioneta apuñalavos no corazón e disparavos libretas fumando petas en Nepal escribo letras mentres solto napalm pra queimar as vosas jetas Ao emperador sudalla o que dirán falas co puto rei do funk Ao emperador nunca se lle vai das mans falas co puto rei do funk Que esperaban? outro tema choromica? se sigo chorando irmán inundo Costa Rica eu son o Ip Man do hip hop, flipa como destripar estereotipos se segues pedindo vintages mira eses pintas que queren ser coma min coma sigan asi vounos afundir no Rhin teñen nos riis espias meus infiltrados que filtran o que beben cando estan desesperados eu chejo de Pontakas pra pulir a putos mantas imaxina que tua vaxina non fora unha de tantas contacta con tacto, aqui os de Track non cantan so atacan, cando cadelas fan o can can rouf rouf, impero na túa zona ensino sobre a vida a quen non ten para diplomas abandona, non tes chance co funk para Kipling fun o home que pudo ser un Punk
3.
Verbal Kendo 02:43
Aqui o trilobite, o increible Fer pervive coa cara de colgao e ollar de serial killer miña vida e un puto triller, matando belibers shey matando a miles, o xenese é noso declive rompin o manto celestial coa miña katana e sangrou a via lactea, toco composicions na tua traquea deixa de vaguear, morte noso DNA empezo acelerar como posto de MDMA que máis me da, morrer os 21 ou 27 ti non compites nesta merda porque non te compete matote neste tema con tecnica de Tekken ponme no teu funeral porque fago requiems O unico homo sapiens, xa podes ir chupando ou ir chapando, eu non escoito mais eles estan falando inutil, cabalgo neste ritmo ductil solto un poema sutil, coa precisión de Guti Non entendo que carallo están facendo eles saen correndo cando chega o verbal kendo Movome entre as sombras, non ves o que non hai corto pulgares dos seus likes, rappers light tolais jesuscrist do mic, pillo o micro e flipan os putos Gardas Civís como se levase dinamita no meu carro xa estou morto mio caro eu non imito a ninguen coido que estás equivocado eu non puxen o cu pra estar en ningún lado está todo traballado, aparta pra parca aos matados toma toma, golpes de bombos causan hematomas fan un videoclip de rap real diante dun croma eu como Totti son o emperador, o ultimo da zona o primeiro en meterse no teu cerebro e a tua cona así as lía, non se fía nin da vida nin da sua misiva viva as suas manías lia un cigarro e se olvida aniquila Atila, eu como Hannibal son canibal desas rimas perceptivas que se volven adictivas
4.
Quén manda 03:08
Ti dime quén manda. Eh tron, como vas ser o meu clón no microphone se o don non se transmite nen admite ao segundon me deixa unha muller e escribo outra canción pra gañar algo de cartos e gastalos en condóns circulo perfecto cando chego ao directo e solto trazas de seducción cando falo sen pretextos esa dama de ebano, pica como tábano acabamos desnudos na cama fumando cañamo a terra é o limite pra min que estou no ceo contame outra historia do ghetto que non mo creo teño as vellas libretas gardadas pra un museo da a benvida ao emperador no seu máximo apoxeo acabarei fodido como Joan Garriga con mil folios cheos e un buraco na barriga claudica, meus temas se gardan en barrica check checka, solto unha rima e me mitifican Miña tribu reduce cabezas, amplia coñecementos ata ilimitar os limites do pensamento penso denso perdo o senso e ven so o amor entre corazón e razoamento, sopla o vento despexando a miña cara e sae caro, so os furacans que formo nos separan e non se para esta sensación tan rara de non dar nunca a cara e que te disparen pola espalda convivo coa dor, é o que toca e mellor andar volao que pasao de farlopa as miñas rimas son un sonar cando sonan me volto un animal, vai chamando a seprona son a estrela de Galicia, sen nada de malicia son o mellor do mundo e morro na inmundicia montes de inxustiza, a vida so te vicia disparo verbos, dibuxo o teu corpo con tiza
5.
Ando Só 03:26
Ao fin volvinme tolo, ao fin estou eu solo fumandome a vida en porros morrendo en cada bolo xa non sinto dolor, xa non preciso o calor vivir beber do morro sen ter que pedir socorro Escravizado a este corpo como Claudio sintome Marco Aurelio falando co proximo Máximo é incribel o que fai a peña cando está sen ánimo o xefe xogando ao candy crush mentres curran os cándidos atraio planetas porque causo lesións de gravidade dime que verdade achas na cidade manteño cerca a vida porque a miña inimiga sego sen vida intima, rapear así as intimida pillo o micro e solto testosterona máis que se despois dun bolo me ofreces a puta cona é dificil de domar, como cando poño a goma ou pillo o puto lapis pra causarvos un sarcoma aqui o listo morre pobre pero con dignidade pagando as suas facturas de auga e electricidade a mente e cuestión de aprendizaxe non de idade alaba a estas deidades, Track Asedio é a verdade Ao fin volvinme tolo, ao fin estou eu solo fumandome a vida en porros morrendo en cada bolo xa non sinto dolor, xa non preciso o calor vivir beber do morro sen ter que pedir socorro Non chegas a meu nivel porque ando nas nubes xogando con deus ao puto bubble bobble Tomo as curvas como Rubens, nunca entrei en clubes entro na tua mente como ti entras en youtube Sen moza, nen dona, rapeo dende os 12 de aqui ate leningrado coñecen meu nome Aguantando como un dolmen as inclemencias naturais aguantando golpes no abdomen con temple samurai Ait! Se o rap é a súa vida mellor que se suiciden non son do Bronx tron non entendo de que escribes traio a forza de Van Damme, a solvencia de Kluivert antes River que Boca, antes depre que diver Comezo en neoplasía e acabo en metastase esperto coa boca seca, solto flemas marron glasse Eu son de Mercedes Sosa, non de Mercedes Benz eu son de Pontakas, pola rúa me podes ver Ao fin volvinme tolo, ao fin estou eu solo fumandome a vida en porros morrendo en cada bolo xa non sinto dolor, xa non preciso o calor vivir beber do morro sen ter que pedir socorro
6.
Imperial 02:38
Entro duro coma puños de Mohammed Ali derretindo o tempo como Salvador Dali a pelexa por vivir ben, neno xa a perdín non estaban na escola os mestres cos que aprendín a non falar coa pasma, a soltar rimas que pasman e os papo como pacman ou Paquiao, xa cansan foderme é un mal plan, se falo xa se amansan quedan abraiados escoitando e non avanzan yeye, escupo esputos con satelites son pequenos coma deringers, track asedio a puta elite tuas mixtapes sen calite, putos andan de palique malas ideas, son merda nos teus canapés esta neboa a forman meus pulmóns fumome un bong, alucino neste quinto piso tiroche os meus flows, e ardes como o Windsor disparo mordido como logos do Macintosh dinosauros extintos, asteroides de kripton imos pola noite cos dentes manchados polo tinto coma vampiros con sangue facendo ritos cando pillo o micro son o teu mito favorito AKA facoquero, Ronaldinho no Queretaro inutis como Metapod, din Pedrido vai petalo con petas fago conversas de Catón, de tapón dende Castrelos aos Cantóns con verbal kendo de Xapón respeta ao Condor dos Andes ao Conde do desastre, con poesia de Sartre teus mellores temas son os meus descartes papa, mira como parte, como glaciares en Marte estou no crash test por iso solto versos que destrozan calquer coche polo seu nivel complexo todos eses que din que fan rap que saquen a ESO miña garganta resiste como o Peloponeso con 300 rimas asesinas con inquina son a miña vitamina e dictamina a morte de cada inimiga Pedrido exporta a microphone doctrina converto meninas en mulleres cando abro a pitrina ti defendendo por fora e eu aplastando o aro saco o disco do ano e non sairá no faro sae demasiado barato xa subir ao escenario como asesinatos a inmigrantes por parte de arios con clase de cd de varios vamos varios eu non vou de Ganster meu, eu non teño barrio eu non bebo Larios, conservome en formol consumindome en Pontakas dende que sae o sol vosos trozos son como todos, tomo un grolo so con miralos xa me volvo tolo, a grossomodo estades matando o rap, veña vou a dar un rolo antigo e imperturbable como o dragón de Komodo
7.
Tai Chi 02:45
Ollas a vida pasar entre miradas furtivas entre xente que so quere ser a tua inimiga pero respiras en paz, tes unha man amiga que te cobixa baixo seu teito e date comida enche a barriga pronto que pronto pasan os anos dos desenganos amorosos e os festexos paganos para pagar hai que currar e deixar de ser un zangano ou empezas a pasar gramos e asi mal vamos o malvado despertar de cada soño do hachís o lugubre cantar dunha tila con anís estiven andando en Vigo estiven por Paris e a única diferencia é a calidade dos free a raiz rompeu o testo e agora crece libre entre textos ´de Sun Tzu e Henry Miller miña vida un declive mais declino ser proclive a deixarme caer morto, Pedrido inda vive Miñas verbas son Tai Chi que relaxan o teu corpo eu son un mestre ninja e ti so un estorbo Catapulto pedras de pensamentos irrefutables de cada medio MC me sobra a mitade o que estades facendo co rap é crueldade aplicadelle eutanasia que co que sofre xa non vale a pena vivir esta puta condena enaxena encadename a estes cadernos que me desesperan me esperan para que os desempolve e lles bote un polvo porque dentro dos collóns teño mojo e non mollo non meto pollos estou de tranki en casa eu xa estaba calado nunca levei mordaza meu level sempre avanza, quedamos nesa praza manteño as paredes do rap xuntas como argamasa verbal kendo, lirico tai chi solto versos causo terremotos en Haití son un samurai que o fai así de funki para ti son un shogun, un vaso de Chianti
8.
son a pantasma baixo a tua cama unha amalgama de recordos que non explican nada aprende a ver a luz antes de poñer a lampara esta cara a vida sexa en Pontakas ou Ankhara quita a máscara xa non teño máis que dar o rap é ese amigo que sempre te di pra quedar e logo na, solto frases que te encantan son fresas con nata, ataco con katas dende Vigo a tua puta zona neste zooloxico humán xa non quedan persoas so boas constrictor como o cable do micro tes unha polla ao lado, non digas que estás soa saese o meu son cando soa atesora cada puta verba que diga e repitea coa boca son bombas do bumbap, e xa era hora o rap estaba secuestrado, son a forza liberadora Miñas rimas son alta tension Son microfonos ou son katanas pillo o puto micro é isto e loita sakavala teu rap un 600 o meu 600 impalas e un millon de caladas coa boca calada eu movome libre pois son libre busca unha lingua que lance maior calibre eles van de killers mais inda vive o ultimo poeta que coa cabeza escribe se non escoitas Track Asedio non digas que fas rap make a clap to this que pronto escampa hoxe hai tormenta no deserto do pensamento escoita este disco e morre contento Pedrido é o puto rei do funk, impera no hardcore nos seu dominios nunca cae o ritmo de impactos xa levo medio infarto, recorda cando morra que o estado español me debe dous diplomas
9.
A vida é un sendeiro de camiños inhumanos unha guerra cruel entre militares e milicianos a diferencia é a crencia que esgotamos pra manternos con fé sen ter que meter gramos cal é o sino senon ser o xenio cal é a competición se non obteño premio ao primeiro posto so se chega con empeño e so sobrevivo porque son o mellor do gremio Pedrido está no mic yo! se non te mola isto podes irte pra o carallo abro a libreta e formo tormentas de raios de esbelta figura son os pensamentos que tallo a miña rima é unha toxina como cicuta tua nai non ten culpa de que sexas un fillo de puta escuita, non hai indulto pra quen non indulta e se nos pillas pintando esquecete da multa Con paso firme avanzo como tropas macedonias o meu estilo vai do Antartico a Laponia queres ser coma min? debes estar de coña solto as rimas coas que calquer poeta soña Fluo como fichas de xadrez de Kasparov van de gallitos e non sairon do cascarón cando pillo o micro, todos din ‘’que cabrón’’ cheguei a ser rico sen ter para mansión a miña mente dame a manutencion tio a miña vida é un problemón sen solución tío e se me invitas a tocar e que sabes que a lio o son de Pontakas está invadindo Vigo que queres que che conte? se volve gañar o PP tiro para o monte extingo mcs porque non hai quen os soporte evitando a sua reproduccion e causando a sua morte no top ten? no top one desfiguro mcs como hachís de Tetuán retanme a un free eu non sei quen se creerán as miñas rimas caen como bombas en Teherán ou non te enteras? represento a miña city máis que videos en azoteas dende o Tea ata a etea cruzo todo Ponteareas e chegando a Vigozoo xa se esconden as cadelas
10.
Nirvana 03:14
Por fin o vexo claro xa non son un esclavo dos desexos impios dos seres humanos so son un espirito empechado nun corpo demacrado vagando polo cosmos co nome de Fernando por fin ando baixo as nubes e so me sinto aire entre o vaiven do vento dando incontables bailes xa non preciso armas os beizos son os meus sables xa non teño oido para as palabras miserables respeto as pedras do camiño so homes forman muros so o propio home é responsable do seu futuro unha persoa so e feliz se forma un duo con outra persoa que so quere un pouco de sexo duro e non entendo nada neste ying e yang pero entendo ben cal e o dilema xusto agora que me empezan a sair canas comprendin todo e achei o nirvana Todo o que queria estando tirado en cama todo o que buscaba fumando marihuana por todas as persoas que ao final non sanan alcancei a miña meta e coñecin o nirvana coa mente en branco e os pes negros peregrino neste mundo, son un deus ateo polo menos xa non son un reo ou iso creo da xente e a sua fe, o deus don diñeiro danme pena as cinzas cando se escapan da man non sei onde van pero nunca voltarán ese é o plan , vivir de auga e pan ser a palmeira que se meza cando chegue o furacán queimo o hachis para enfriar a miña mente inda sigue convalecente polo ambente por ser a unica persoa entre tanta xente a resina dos meus dentes a forma o meu kenke ao fin o vexo claro, son un lobo estepario cuxos cadernos acabaran nun anticuario xusto agora que empezaba a non ter ganas comprendin todo e achei o nirvana

about

Primeiro álbum en solitario e en galego.

credits

released September 17, 2015

Producido por Pedrido.

license

tags

about

Pedrido Ponteareas, Spain

MC e produtor de Ponteareas e afincado en Ourense, pertenecente ao selo/colectivo Track Asedio.

contact / help

Contact Pedrido

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Pedrido, you may also like: