Allahu Akbar
La ilaha ilallah
Ashad u anla ilaha ilallah
Ashad u ana Muhammad abdu wa Rasulullah
Hayya ala salah
Hayya ala falah
Son Amrallah viñen traer a mensaxe
ámate a tí, ama aos demais, fai que os demais te amen
que se reclamen a sí mesmos o que queran
mentres deixen en paz aos demais seres da terra
Aprende, así nunca serás pobre
Entende, é imposible que o que penses se te roube
sorrí sobre a todo a aquel que non se acorde
do que é a felicidade así a felicidade será dobre
Limpa teu corazón de pena e amargor
eu sei o que fai a dor, ás veces é devastador
pero do cemento máis duro sorxe unha flor
que enche de cor a máis escura escea de terror
Eu sei que tenta, vivir de rentas
pero alimenta a teu irmán por se algún dia te alimenta
ou o necesitas, non ofendas
a mimgunha muller, pra min todas son nais
Unha persoa sempre será igual a outra persoa
que as lágrimas sexan de alegría e nunca a soas
que o limite sexa voar por alto que poda soar
que ser mellor que onte non se pode comprar
non son exemplo idóneo por iso podo predicar
quixen cambiar o mundo e me empecei a medicar
e ás veces Allah fálame tralo sitar
e venme visitar e dime que quere paz
así que faime caso se cada día o ves gris
se non atopas felicidade no teu pais vaite
que non paga a pena vivir trala bandeira
pode que fóra atopes a quen te queira
deixa a mentira de lado e saca a máscara
debes de ser tí quen rompa esa cascara
esa é a mensaxe, paz e vive libre
e que o amor dos demais sexa o noso combustible
Gloria á túa misericordia Ilah
que escoiten en Panxea o Adhan de Bilal
e a mensaxe de Amrallah Al Aldababsí
estiven só polo deserto e vagaba así
cego cos ollos abertos, como nos concertos
ti me guías e cada paso e perfecto
te manteño perto por se algo me pasa
que sexan orgullo e alimento o único que falta
Disme cousas que non entendo ás veces
ás veces es un susurro no ouvido, ás veces creces
e te voltas un chíar son menos do que mereces
pero máis do que merecen eles, non o negues
Na miña pel de papel deixo que escribas
neste Sahel os fillos de Ismael recitan
de memoria todas as palabras que me dictas
a fé non se quita, purifica a quen se sacrifica
Te escoito antes de espertar, despois de durmir
e sei que es Tí cando empezo a fluir
e sei que es Tí cando empezo a fuxir
e algo mo impide, la ilaha ilallah, empezo a ruxir.
credits
from Amigas/Allahu Akbar,
released February 11, 2019
Letra: Pedrido
Beat: Dani Brandineli
Técnico: Alex Arnoso
The Philadelphia rapper turns the children's music formula on its head with old-school beats and sharp life lessons. Bandcamp Album of the Day Sep 13, 2023
The latest from the unstoppable MIKE finds the rapper embracing brighter, soul-based production to pair with his typically candid lyrics. Bandcamp New & Notable Jan 9, 2023